Somos unha compañía que ofrece servizos de tecnoloxía e consultoría de transformación dixital. O noso obxectivo é preparar aos nosos clientes para o futuro, con solucións e tecnoloxías avanzadas capaces de crear valor e reimaxinalo todo.
O noso equipo é a nosa alma. Un equipo que emprendeu proxectos internacionais para preto dun milleiro de clientes, líderes nos seus sectores.
Unha empresa chea de talento que espera sumar moito máis talento. Que busca máis apaixonados pola tecnoloxía, xente con ganas de novos retos, persoas que escoiten a persoas e nos acompañen no cambio e o crecemento. E que, ademais, desfruten dun ambiente dinámico, flexible e positivo.
Ofrecemos unha cultura aberta, baseada no recoñecemento interno e a autoxestión. A flexibilidade, conciliación e retribución competitivas son as nosas claves. Poñemos todo ao teu alcance para acelerar as túas ideas e alimentar o teu talento con formacións e programas adaptados.