Adif é unha entidade pública empresarial dependente do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana cuxos principais obxectivos son a construción de liñas de ferrocarril, o mantemento e xestión das liñas existentes, a xestión do tráfico e a xestión da explotación comercial de estacións e servizos asociados.
Adif inclúe a infraestrutura das extintas RENFE e FEVE, polo que somos propietarios da maioría das liñas de ferrocarril de España. Administramos máis de 15.000 quilómetros de vías e preto de 2.000 estacións.
Actualmente o persoal de Adif componse de máis de 12.000 empregados.