“As ciencias escríbense en feminino”, unha xornada divulgativa para o Día Internacional da Muller e a nena na Ciencia

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on email
as ciencias escríbense en feminino

“As ciencias, as nenas” no Día Internacional da Muller e a nena na Ciencia

O vindeiro xoves 11 de febreiro celébrase o Día Internacional da Muller e a nena na Ciencia, data promovida polas Nacións Unidas.

Con motivo desta celebración, terá lugar un evento por streaming destinado aos centros educativos, cun formato ameno e divertido orientado a alentar ás mulleres novas en STEM dándolles información e modelos a seguir.

As-Ciencias-As-Nenas-Feminino

Imaxe promocional do programa “As ciencias escríbense en feminino”.

O Concello de Santiago promove esta iniciativa formando parte do movemento global do “Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia” promovido pola ONU que se realizará o próximo día xoves 11 de febreiro de 2021. Mediante un divertido evento, as mellores científicas galegas contaranlles as principais vantaxes que ten estudar unha carreira científica no ámbito de diferentes disciplinas: ciencia, tecnoloxía, enxeñaría e matemáticas.

O obxectivo principal deste evento é brindar ás estudantes modelos de diferentes opcións de profesións científicas,  e axudalas a ser conscientes do seu gran potencial, a superar os estereotipos e inspiralas.

Vídeo promocional: As ciencias, as nenas

Así, a ONU destaca que o notable desequilibrio de xénero nos campos de STEM impide que as mentes de homes e mulleres  traballen xuntas para achegar perspectivas diferentes e diversas á innovación necesaria para enfrontar os desafíos actuais da nosa sociedade.

A actividade está orientada ás rapazas galegas de entre 9 e 15 anos que están estudando nos colexios e institutos e comezando a valorar diferentes e diversas carreiras profesionais e académicas.

Un evento en streaming para todos os centros de ensinanza de Galicia no Día Internacional da Muller e a nena na ciencia

O evento será emitido en streaming de forma simultánea para todos os centros de ensinanza (colexios e institutos) de toda Galicia que se rexistren en talentiasummit.com.

✍ Se queres participar podes rexistrarte facendo clic aquí

Grandes profesionais da ciencia, presentarán a súa traxectoria, os proxectos que levan a cabo e as vantaxes de forxarse un futuro nas diferentes disciplinas científicas. O evento combinará as conferencias e presentacións das científicas con xogos didácticos e experimentos para ofrecer un contido ameno e divertido.

Máis información en talentiasummit.com

Ver máis novas

#1foto1arbore - cambia o mood
Actualidade

Cambia o mood: activa o modo bosque 🌳

O Concello de Santiago lanza a campaña “Cambia o mood: activa o modo bosque” para celebrar o Día Internacional dos Bosques o próximo 21 de