Comenzo do curso en modalidade online o 15/11/2021 ata 15/01/2022
Código: -
Este curso aborda as ferramentas ofimáticas que se poden xestionar na nube e unha iniciación ao cloud computing, para así entender o seu uso e aproveitamento.
Co curso preténdese dar a coñecer as principais ferramentas e aplicacións dispoñibles hoxe en día para o traballo na nube: aplicacións de ofimática que permiten crear arquivos, almacenar e compartir, para editar de forma colaborativa como Google Drive; recursos offline, programas de almacenamento como Dropbox, etc., co obxectivo de que a administración poida traballar con elas coa seguridade suficiente para evitar interferencias, ademais de xestionarse a través das ferramentas ofimáticas de uso habitual
1. Fundamento do Cloud computing.
2. Que é a nube?
3. Vantaxes de traballar na nube
4. Utilidades prácticas do traballo ofimático na nube
5. Uso de Google Drive.
6. Uso de Editores, Presentacións e Follas de cálculo en Google.
7. O traballo en grupo
8. Procedementos e aplicacións para o traballo na nube
9. Xeración de sinerxías e seguridade na información
Exemplos de éxito na nube