Comenzo do curso en modalidade online o 15/11/2021 ata 15/01/2022
Código: -
O alumno, ao finalizar o curso logrará:- Ser capaz de adecuar as técnicas e procedementos de limpeza ás características das superficies a tratar.
– Ser capaz de executar a limpeza de chans, paredes e teitos verificando a retirada de sucidade e residuos, para garantir a eficacia e calidade da intervención, atendendo á normativa aplicable de prevención en riscos laborais e protección ambiental.
– Ser capaz de velar polo bo uso dos útiles electromecánicos de fácil manexo, ferramentas e produtos utilizados na limpeza acorde ás características técnicas dos mesmos para garantir o seu uso e funcionamento.
– Ser capaz de, na súa actividade diaria, atender á normativa aplicable de prevención en riscos laborais e protección ambiental.
– Ser capaz de seleccionar o tratamento para aplicar en función do tipo e das propiedades do mobiliario, empregando os útiles e produtos adecuados.
– Ser capaz de realizar a hixienización dos aseos aplicando as técnicas e produtos de limpeza apropiados co fin de garantir un resultado de calidade.
– Ser capaz de, na súa actividade diaria, atender á normativa aplicable de prevención en riscos laborais e protección ambiental.
– Ser capaz de identificar e preparar as superficies acristaladas e o espazo de traballo para realizar a limpeza de cristais tendo en conta a normativaen materia de seguridade e ambiente.
– Ser capaz de utilizar o procedemento de limpeza adecuado a cada tipo de cristal e sucidade.
– Ser capaz de limpar as superficies seleccionando os procedementos, máquinas, accesorios, útiles e produtos máis adecuados á tarefa para realizar.
– Identificar e coñecer o procedemento de uso das diferentes maquinas a utilizar nas tarefas de limpeza.
– Ser capaz de levar a cabo un mantemento preventivo da maquinaria de limpeza.
– Ser capaz, na súa actividade diaria, de atender á normativa aplicable de prevención en riscos laborais e protección ambiental.
– Comprender os conceptos básicos sobre seguridade e saúde no traballo
– Recoñecer os principais riscos laborais aos que están expostos os traballadores/ as de limpeza.
– Coñecer e aplicar as medidas preventivas a adoptar para facer fronte aos devanditos riscos.
– Coñecer o marco normativo que regula a prevención de riscos na empresa.
– Ser capaz de manexar conceptos técnicos básicos de limpeza.
Módulo 1: Limpeza, tratamento e mantemento de chans, paredes e teitos en edificios e locais.
Tema 1.- Técnicas de limpeza básicas. Conceptos de limpeza e desinfección. Factores que interveñen nas operacións de limpeza.
Tema 2.- Desenvolvemento dos procesos e técnicas de limpeza.
Tema 3.- Xestión e tratamento de residuos.
Tema 4.- Aplicación e seguimento de medidas de prevención de riscos laborais.
Módulo 2: Limpeza de Mobiliario Interior.
Tema 1.- Aplicación de produtos de limpeza de mobiliario.
Tema 2.- Técnicas de limpeza de mobiliario.
Tema 3.- Técnicas de limpeza e desinfección de aseos.
Tema 4.- Procesos de xestión e tratamento de residuos na limpeza de mobiliario.
Tema 5- Aplicación e seguimento de medidas de prevención de riscos laborais na limpeza de mobiliario.
Módulo 3 Limpeza de cristais en edificios e locais.
Tema 1.- Técnicas de limpeza de cristais.
Tema 2.- Utilización do equipamento básico para limpeza de superficies acristaladas..
Tema 3.- Medidas relacionadas coa seguridade e saúde dos traballadores.
Módulo 4: Técnicas e procedementos de limpeza con utilización de maquinaria.
Tema 1.- Limpeza con máquinas: Clasificación, compoñentes e mantemento.
Tema 2.- Utilización de produtos de limpeza: Identificación, propiedades E almacenamento.
Tema 3.- Procesos de limpeza con maquinaria.
Tema 4.- Selección, utilización e conservación de útiles, ferramentas e accesorios.
Tema 5.- Medidas relacionadas coa seguridade e saúde dos traballadores.
Módulo 5: Conceptos básico sobre seguridade e saúde no traballo.
Tema 1.- Conceptos básicos sobre seguridade e saúde no traballo.
Módulo 6: Riscos xerais e a súa prevención.
Tema 1.- Riscos ligados ás condicións de seguridade.
Tema 2.- Os riscos ligados ao medio ambiente de traballo.
Tema 3.- A carga de traballo, a fatiga e a insatisfacción laboral.
Tema 4.- Sistemas elementais de control de riscos. Protección colectiva e individual.
Tema 5.- Nocións básicas de actuación en emerxencias e evacuación.
Tema 6.- Primeiros auxilios.
Tema 7.- O control da saúde dos traballadores.
Módulo 7. Elementos básicos da xestión da prevención de riscos laborais.
Tema 1.- A xestión da prevención de riscos laborais na empresa.
Tema 2.- O sistema de xestión da prevención de riscos laborais.
Tema 3.- Modalidades de recursos humanos e materiais para o desenvolvemento de actividades preventivas.
Tema 4.- Organismos públicos relacionados coa seguridade e saúde no traballo.