Como rexistrarse en Talentia Summit

Compartir

Nesta publicación explicámosche como rexistrarse en Talentia Summit, como inscribirse en cada unha das actividades e reservar praza para os distintos eventos Talentia.

Todas as actividades, sesións e cursos de formación de Talentia Summit son completamente gratuítos.

✍ Podes rexistrarte para todas as actividades a través desta ligazón.

O Foro de Talentia

O foro talentia é un encontro con profesionais dalgunhas das empresas máis representativas a nivel nacional. Este ano acompañarannos, entre outros:

  • Juan Carlos Alcaide, experto en experiencia do cliente.
  • María José Alonso, Catedrática de Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica da Universidade de Santiago e adscrita ao CiMUS.
  • Joaquín “Kin” Martínez, fundador de Esmerarte Industrias Creativas e director do festival “O Son do Camiño”.

Tamén se contará coa presenza do ministro Pedro Duque, o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo e o alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo.

✍ Como inscribirse no foro

O foro terá lugar en formato virtual o venres 27 de novembro ás 18:00 horas e será retransmitido en streaming.

Para reservar a túa praza, podes facelo a través da seguinte ligazón. Ese mesmo día recibirás un email con información para unirte ao foro en streaming.

Cómo registrarse en Talentia Summit
Foro presencial – 2019

Entrevistas con empresas

Dentro da sección de feira virtual atoparás o Pavillón A, o Pavillón B e o Pavillón de Centros de Investigación.

Pavillóns A e B: Stands de empresas

Nos pavillóns A e B poderás visitar os stands das diferentes empresas que este ano participan recrutando talento en Talentia Summit. En cada stand poderás:

  • Ver un vídeo da empresa que mostra quen son, que fan e tamén que tipo de perfís profesionais adoitan incorporar ao seu persoal.
  • Ler información detallada da empresa.
  • Acceder á súa web e redes sociais.
  • Coñecer un pouco mellor á persoa encargada da caseta.
  • Revisar as ofertas de emprego activas.
  • Reservar cita para unha entrevista.

???? Como reservar cita para as entrevistas

É moi sinxelo. Soamente tes que elixir unha das horas dispoñibles no stand virtual e encher o formulario. Ese día recibirás unha chamada telefónica da empresa para coñecerte un pouco máis.

Se che interesan unhas ofertas de emprego dunha empresa, é recomendable que envíes o teu currículo ademais de solicitar a cita para a entrevista telefónica, así xa terán algo de información sobre ti.

Preme aquí para acceder a ver o listado de empresas do Pavillón A e aquí para ver as do Pavillón B, ver as súas ofertas e solicitar cita telefónica.

Como registrarse talentia summit 4
Como registrarse talentia summit 3

Pavillón de Centros de Investigación

Este pavillón reúne organizacións non corporativas, así como institutos e centros de investigación. Do mesmo xeito que cos stands de empresas, en cada stand deste pavillón poderás:

  • Ver un vídeo corporativo que mostra quen son, que fan e tamén que tipo de perfís profesionais adoitan incorporar ao seu persoal.
  • Ler información detallada sobre o centro.
  • Acceder á súa web e redes sociais.
  • Coñecer un pouco mellor á persoa encargada da caseta.
  • Revisar as ofertas de emprego activas.
  • Reservar cita para unha entrevista.

???? Como reservar cita para as entrevistas

Elixe as horas dispoñibles no stand virtual e enche o formulario. Ese día, á hora seleccionada, recibirás unha chamada para coñecerte un pouco máis.

Preme aquí para acceder a ver o listado de centros, ver as súas ofertas e solicitar cita telefónica.

Sesións de mentoring

As sesións de mentoring están orientadas a resolver dúbidas ou inquedanzas a nivel profesional. Sínteste desanimado ou desanimada co teu emprego actual? Como poderías orientar o teu perfil de modo que poidas sacarlle o mellor partido ao teu talento? Sabes recoñecer os teus talentos, as túas principais virtudes á hora de traballar?

Os mentores, divididos en categorías, axudaranche a enfocarche e impulsar o teu perfil profesional, unha das metas de Talentia Summit.

???? Como reservar as sesións

Na sección de mentoring podes acceder aos perfís dos mentores e mentoras e reservar sesións privadas virtuais de aproximadamente 20 minutos para buscar o seu consello profesional.

As mentorías realizaranse virtualmente en sesións de videoconferencia privadas.

Preme aquí para acceder á sección de mentoring.

Como registrarse talentia summit 5

Formación online

A formación online dispoñible en Talentia Summit divídese en dous tipos: cursos de formación en directo e cursos online.

En ambos os casos, se completas a formación de forma satisfactoria, recibirás un diploma ou certificado.

O número máximo de cursos por persoa (incluíndo certificacións) é 3. Se superas o número máximo permitido ou as prazas desa formación esgotáronse o sistema devolverache unha mensaxe de erro.

✍ Inscrición en cursos de formación en directo

Os cursos de formación en directo realízanse a través dunha aula virtual cunha persoa que imparte a formación. Teñen horarios establecidos, indicados na sección do curso, e son presenciais de forma virtual.

Para ver o catálogo de cursos de formación en directo e anotarte, preme aquí.

✍ Inscrición en cursos online

Os cursos online, a diferenza dos anteriores, realízanse a través dunha plataforma, sen horarios marcados. Podes facelos no teu tempo libre, ao teu ritmo, a condición de que os completes no tempo máximo establecido.

Los cursos online, a diferencia de los anteriores, se realizan a través de una plataforma, sin horarios marcados. Puedes hacerlos en tu tiempo libre, a tu ritmo, siempre y cuando los completes en el tiempo máximo establecido.

Para ver o catálogo de cursos de formación online e anotarte, preme aquí.

Como registrarse talentia summit 6

Certificacións

A diferenza dos anteriores, as certificacións serven para obter unha certificación de coñecementos que xa tes ou adquiriches previamente. Non inclúen a formación nin os cursos preparatorios. Son exames que avalían e deixan constancia deses coñecementos.

✍ Inscrición en certificacións oficiais

Cando te inscribas para unha certificación, lembra revisar os días e horarios para realizar as probas e conseguir a certificación.

Para ver o catálogo de certificacións oficiais e anotarte, preme aquí.

Orientación laboral

Se necesitas axuda para orientarte a nivel laboral, contamos con profesionais que poden ofrecerche os seus coñecementos. Na sección de orientadores atoparás persoas que che aconsellarán ferramentas útiles para atopar un emprego á túa medida, axustar a túa procura ou reorientala.

???? Reserva praza cun orientador laboral

Na sección de orientadores podes acceder aos perfís de cada profesional e reservar sesións privadas virtuais de aproximadamente 20 minutos para solicitar o seu consello axuda.

As sesións cos orientadores realizaranse virtualmente mediante videoconferencia privadas.

Preme aquí para ver os perfís das orientadoras e reservar unha sesión con elas.

Webinars

Os webinars son sesións curtas, online, a modo seminario, que imparten coñecementos de temáticas concretas e de forma sinxela e práctica.

✍ Como anotarse aos webinars

Aínda non están abertas as prazas, pero moi pronto estarán dispoñibles nesta sección.