Comeza Talentia Summit ’19: Santiago convértese na capital do talento e o emprego do 21 ó 23 de outubro

Compartir

  • Talento, emprego, transformación digital e compromiso coa Axenda 2030, as claves da maior cume do talento. Talentia Summit ’19, que este ano prevé lograr cifras de récord co obxectivo de promover o desenvolvemento e recrutamento de talento en Galicia.
  • A xornada de apertura, luns 21 de outubro no Auditorio de Galicia, cun foro de conferencias estratéxicas ó máis alto nivel. E durante o martes e mércores coa Feria do Talento, no Palacio de Congresos, con múltiples actividades para potenciar o emprego coa participación activa de máis de 100 empresas.
  • Asistirán máis de 100 importantes empresas e destacadas personalidades como a Ministra de economía en funcións Nadia Calviño, Paul Tran, Director de Recursos Humanos de Hijos de Rivera, ou Sonia Mulero, Directora da Fundación Banco Sabadell, entre moitos outros.

Comeza Talentia Summit: a maior cume do talento e o emprego

O vindeiro luns 21 de outubro de 2019 dará comezo Talentia Summit ´19 cunha duración de tres días consecutivos. Un gran evento promovido desde a corporación municipal de Santiago coa intención de consolidarse como un referente a nivel respecto da xestión e o desenvolvemento do talento e o emprego.

Actividades de Talentia Summit: Foro e Feira do talento

A capital de Galicia acollerá a máis dun centenar de empresas punteiras e personalidades de relevo durante este cume. Talentia Summit ´19 desenvolverase cunha gran diversidade de actividades:

  • Luns 21 de outubro: Xornada de apertura de conferencias estratéxicas ás 18.00 horas no Auditorio de Galicia.
  • Martes 22 e mércores 23 de outubro a Feira do Talento, con actividades para a potenciación do talento e o emprego, no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia. Estará aberta ao público durante toda a xornada do martes de 9:30 a 19:30 horas, e o mércores desde as 9:30 até as 14:00 horas.

Talentia Summit ´19 en cifras

Talentia Summit ofrece xa nesta edición de 2019, mesmo antes de comezar, unhas cifras impactantes:

  • Máis de 1000 vacantes ofertadas
  • Máis de 800 asistentes confirmados na xornada inaugural do Foro Talentia
  • Máis de 1.200 inscritos nas actividades da Feiral do Talento, en cursos de formación, mentoring persoal, certificados oficiais, entre moitas outras.
  • 100 importantes empresas presentes na Feira do Talento, durante os días 22 e 23 de oct.

O Foro Talentia: 21 de outubro no Auditorio de Galicia

Nun mundo en constante cambio, o talento é e será a clave para definir e alcanzar os grandes retos da sociedade. Esta edición porá o foco en como afecta a “transformación dixital” ás persoas e tamén no compromiso social empresarial cos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS) acordados pola ONU no marco da Axenda 2030.

Por iso, na xornada inaugural, o Foro Talentia de relatorios estratéxicos, reunirá aos grandes referentes do talento, a tecnoloxía e a administración de empresas nunha única xornada:

  • Miguel Anxo Ruiz Ortega: Brand Strategy & Innovation Senior Manager en Samsung
  • Sonia Mulero: Directora da Fundación Banc Sabadell
  • Paul Tran: Director de Recursos Humanos de Hijos de Rivera
  • Federico Buyolo: Director Xeral da Oficina da Alta Comisionada para a Axenda 2030 das Nacións Unidas.
  • José Luís Pérez-Pla: Consultor Director en Cegos, Responsable da Escola de Excelencia Comercial de Telefónica
  • Jaime de Nardiz Pérez: Director Diagnóstico Cultural de Great Place to Work
  • Javier Sirvent: Evanxelista tecnolóxico.

O acto será conducido por Silvia Jato e contará con presenza das autoridades institucionais Dna. Nadia Calviño, Ministra de Economía e Empresa en funcións; D. Alberto Núñez Feijóo, Presidente da Xunta de Galicia e Xosé Manuel Bugallo, Alcalde do Concello de Santiago de Compostela.

A Feira do Talento: 22 e 23 de outubro no Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia

A clave deste encontro será potenciar o talento, reunindo e dando visibilidade ás organizacións e empresas máis comprometidas co desenvolvemento, a promoción e a retención do talento. Doutra banda, os participantes poderán presentarse ante os responsables de recrutamento de empresas, acreditarse mediante certificacións de competencias dixitais ou idiomas, asistir a conferencias, talleres ou exposicións acerca da transformación dixital e outras moitas actividades para mellorar a súa empregabilidade.

Os interesados aínda están a tempo de participar no maior cume do talento e o emprego, as inscricións non se pecharán até o último momento, e os dous días de Feira, o Palacio de Congresos estará totalmente aberto ao público, toda a información está dispoñible en talentiasummit.com.

Unha oportunidade única dun evento que está a avanzar a grandes pasos para converterse nun referente a nivel nacional do talento e o emprego. O acceso ao recinto é totalmente libre e gratuíto, do mesmo xeito que a inscrición a todas as actividades da Feira e a presenza ao Foro Talentia. Quedan as últimas prazas dispoñibles.