certificado de piloto avanzado de drones

Certificacións oficiais en competencias dixitais, especialidades profesionais e cursos especializados de pilotos de RPA, naves non tripuladas ou drons

En Talentia Summit presentamos unha oportunidade única para obter unha licencia oficial de piloto avanzado de drons de forma totalmente gratuita. Un total de 10 prazas para preinscribirse a este curso especializado, no que realizarase un test previo para comprobar as aptitudes e coñecementos do alumno e poder acceder ó curso. Nesta ocasión, facilítase ó alumno a posibilidade de realizar teleformación, é dicir, formación online a través dunha plataforma para completar o curso teórico para despois, os días 22 e 23 de outubro, realizar as prácticas durante o Talentia Summit ’19 no Palacio de Congresos y Exposiciones de Galicia.

Máis certificados oficiais en Talentia Summit

Este curso de piloto avanzado de dron habitualmente tería un coste aproximado de 600 euros. A oportunidade de obter este título de forma totalmente gratuita a través de Talentia Summit é única, ó igual que a obtención de outros certificados oficiais de competencias digitales como Azure, Photoshop, Word, Excel, etc.