Certificacións Microsoft en Talentia

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on email
Certificaciones microsoft

Este ano, en Talentia Summit, ofrecemos de forma completamente gratuíta algunhas das certificacións máis prestixiosas de Microsoft.

Ter unha certificación de Microsoft deixa constancia dos teus coñecementos e habilidades en distintas ferramentas e aplicacións desta compañía, e pode servir para completar a túa formación e facer máis atractivo o teu currículo.

Certificacións Microsoft Excel

Es usuario habitual de Excel? Ben, porque é o que se busca neste tipo de certificación.

Seguro que tes destrezas básicas para crear e editar follas de cálculo con Microsoft Excel, polo que ter a certificación oficial é unha forma de acreditalo.

Le máis información e reserva a túa praza aquí para o exame MICROSOFT EXCEL CORE.

Con todo, se posúes destrezas avanzadas para combinar libros, realizar análises de datos e auditar fórmulas en follas de cálculo, así como a usar funcións de resumo, crear táboas e gráficos dinámicos e traballar con macros, entón non esperes a conseguir a túa certificación de Microsoft Excel Expert.

A obtención destas certificacións MOS proporciona amplas vantaxes competitivas ás persoas que poidan estar a buscar emprego ou outras oportunidades de carreira.

Le máis información e reserva a túa praza aquí para o exame MICROSOFT EXCEL EXPERT.

Microsoft Word

Estas certificacións de Microsoft están pensadas para persoas que teñen experiencia en creación e comunicación de documentos fundamentais.

Son exames que comproban que posúes destrezas básicas para traballar con documentos comerciais tales como cartas, formularios e folletos de información.

Le máis información e reserva a túa praza aquí para o exame MICROSOFT WORD CORE.

Con todo, se posúes coñecementos avanzados de Microsoft Word 2016, convenche a certificación Expert.

Entre os requisitos, están saber crear e administrar documentos profesionais de catro páxinas ou máis para unha variedade de finalidades e situacións especializadas, así como personalizar a contorna de Word segundo as necesidades do proxecto e para mellorar a produtividade.

Le máis información e reserva a túa praza aquí para o exame MICROSOFT WORD EXPERT.

Ver máis novas

Televes-RRHH-red-Talentia
Entrevistas

Televés busca talento en Talentia Summit

Televés é unha das empresas que ofrece traballo en Talentia Summit 2020. É unha empresa referente a nivel mundial e un dos grandes estandartes no

webinars talentia
Novas Talentia

Webinars Talentia Summit

Como non podía ser doutro xeito, Talentia Summit 2020 tamén ofrece webinars da man dalgunhas das empresas e centros de investigación máis prestixiosos. Ao longo

semana talentia
Novas Talentia

Calendario semana Talentia Summit

Por fin chegou o día e comeza a semana Talentia Summit! Desde hoxe e ata o 27 de novembro acompañarémosche con múltiples actividades que vos