O curso con certificación de piloto de drons habilita ao alumnado para o uso destes equipos.
É requisito imprescindible para o uso destas aeronave en Europa e unha nova ferramenta para a entrada no mercado laboral.
Os alumnos obterán o certitficado A1/A3 e o STS-É-01/02 incluída a súa fase práctica.
** Requisito imprescindible, coñecementos básicos sobre Regulamentación, Coñecemento da aeronave, Meteoroloxía,..
A selección de candidatos realizarase mediante unha proba básica de coñecementos xerais no campo da tecnoloxía e os drons.
Establecerase unha orde en función da puntuación obtida ata completar as prazas ofertadas.
As persoas seleccionadas (12) iniciarán o curso para partir do 25 de novembro na sede de formación en liña de AESA e dotaráselles de material formativo adicional.