Moitos centros educativos galegos únense a xornada online “As ciencias escríbense en feminino”

as ciencias escríbense en feminino

Compartir

O Día Internacional da Muller e a nena na Ciencia celébrase co evento “As ciencias escríbense en feminino” o xoves 11 de febreiro ás 12.00h.

O xoves 11 de febreiro ás 12.00h terá lugar un evento online por streaming para colexios e institutos de Galicia para celebrar o Día Internacional da Muller e a nena na Ciencia, data promovida polas Nacións Unidas.

Máis de 3.000 alumnas e alumnos de moitos centros eductativos de Galicia xa confrimaron a súa asistencia á xornada de divulgación en liña.

5U4PolYyu3ScVWU5iGMwcqKH2Lm Dk3qsHYsaxCoBpTuw20C VnMTjRZwGUul13chFhxaaG8zERVrWeVTHstwxyhGf rmhoiRBqUcR178uP34Ma2y XPpGoQcBeyOaa2F1uq5F0a

Imaxe promocional do programa “As ciencias escríbense en feminino”.

O xoves 11 de febreiro celébrase o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Ese mesmo día, ás 12.00h, terá lugar unha xornada de divulgación destinada aos centros educativos de Galicia que será difundida por streaming para respetar os grupos burbulla.

Esta acción promovida polo Concello de Santiago, a través do CEXTEC e Talentia Summit, está destinada a alentar as estudantes con información e referentes a seguir no ámbito das ramas científicas ou STEM (sigla en inglés de ciencia, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas). Neste Día Internacional é preciso asumir o compromiso de poñer fin ao desequilibrio de xénero nestas disciplinas. 

Son máis de 3.000 alumnas e alumnos de toda Galicia que xa confirmaron a súa participación na xornada. Mediante un divertido evento, máis de dez importantes científicas galegas contaralles as principais vantaxes que ten estudar unha carreira científica. Esta actividade está orientada ás rapazas galegas de entre 9 e 16 anos que están estudando nos colexios e institutos e comezando a valorar diferentes e diversas carreiras profesionais e académicas. 

O prazo de inscrición continúa aberto para o evento, que será emitido en streaming de forma simultánea para todos os centros de ensinanza (colexios e institutos) de toda Galicia que realicen o rexistro a través da web talentiasummit.com

O evento combinará as testemuñas e presentacións destas mulleres científicas galegas relevantes no campo das STEM, con divertidos experimentos científicos.

O Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia foi aprobado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas co fin de lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas, e ademais para lograr a igualdade de xénero e o empoderamento das mulleres e as nenas. 

Máis información en talentiasummit.com.

gm1bn9LtwT7n6 3qfahYzaRcXPJa4T kxmtg56Pet1jfur7642MwWKbJVNy5YzUkyTbI8MllLAuxdZetTuBewat 9Gg2YPIM2YIXaoTh9r YbIJNYH

miQED5wReQez9JQZRvkChu5zBXiBv9zhoMWv3ehYYEnXrEirkxDeMDmeo2GyaB4Zq 1aIJYM93Id7r7WekZW7WGEiy7up7lUltEfxfX23ltWfA3upFYV6H24xkNBmXKnWnB5YuywTpQPwmojYLO6N0ljxJcl 0BzQXku6ubC0j6 JxPyf rqKQlEDrNt6KbHcOpvgW tILe51XF4Gzxnk9uqwGIv