Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

11 de febreiro de 2021, 12:00 horas

Xornada divulgativa:
As ciencias escríbense en feminino

As ciencias, as nenas: As ciencias escríbense en feminino

Unha xornada divulgativa para celebrar o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

O vindeiro xoves 11 de febreiro celébrase o Día Internacional da Muller e a nena na Ciencia, data promovida polas Nacións Unidas.

O Concello de Santiago, a través de Talentia Summit e CEXTEC, uniuse a esta celebración organizando un evento por streaming destinado aos centros educativos de Galicia. Esta xornada divulgativa, cun formato ameno e divertido, está destinada a alentar ás estudantes con información e modelos a seguir no ámbito das ramas científicas ou STEM (polas súas siglas en inglés), que é o acrónimo dos termos en inglés: Science, Technology, Engineering and Mathematics (ciencia, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas).

Grandes profesionais científicas, contarannos a súa traxectoria, os proxectos que levan a cabo e as vantaxes de forxarse un futuro nas diferentes disciplinas STEM. O evento combinará as conferencias e presentacións das profesionais con xogos didácticos e experimentos.

Evento online, emitido mediante streaming, de 45 minutos de duración, que será emitido o xoves 11 de febreiro de 2021 ás 12:00 horas.

Polas nosas futuras científicas

O obxectivo principal deste evento é brindar ás estudantes modelos de diferentes opcións de profesións científicas, e axudalas a ser conscientes do seu gran potencial, a superar os estereotipos e inspiralas.

Así, a ONU destaca que o notable desequilibrio de xénero nos campos de STEM impide que as mentes de homes e mulleres traballen xuntas para achegar perspectivas diferentes e diversas á innovación necesaria para enfrontar os desafíos actuais da nosa sociedade.

Inscrición para centros educativos

A actividade está orientada ás mozas e mozos galegos de entre 9 e 15 anos aproximadamente, que están a estudar nos colexios e institutos de Galicia, comezando a valorar diferentes e diversas carreiras profesionais e académicas.

as ciencias escríbense en feminino

Cartel promocional

Play Video
Play Video
Play Video
Play Video
Play Video
Play Video
Play Video
Play Video