“As ciencias, as nenas”: Científicas galegas comparten a súa historia por streaming en “As ciencias escríbense en feminino”

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on email
as ciencias, as nenas

“As ciencias, As nenas”: O xoves 11 de febreiro ás 12.00h terá lugar, o evento online por streaming para colexios e institutos de Galicia para celebrar o Día Internacional da Muller e a nena na Ciencia, data promovida polas Nacións Unidas.

A día de hoxe son case de 4.000 alumnas e alumnos de moitos centros eductativos de Galicia que formalizaron inscrición á xornada de divulgación en liña.

O xoves 11 de febreiro celébrase o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Ese mesmo día, ás 12.00h, terá lugar unha xornada de divulgación destinada aos centros educativos de Galicia que será difundida por streaming para respetar os grupos burbulla.

Esta acción promovida polo Concello de Santiago, a través do CEXTEC e Talentia Summit, está destinada a alentar as estudantes con información e referentes a seguir no ámbito das ramas científicas ou STEM (sigla en inglés de ciencia, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas). Neste Día Internacional é preciso asumir o compromiso de poñer fin ao desequilibrio de xénero nestas disciplinas. 

Trátase dun evento online para todos os centros educativos de Galicia. Será emitido por streaming, o xoves 11 de febreiro ás 12.00 horas e contará coa participación de quince mulleres relevantes nas disciplinas STEM. A súa vez, dun xeito moi ameno e divertido, as empresas de animación científica e cultural Vermislab e Ciencia Divertida, compartirán divertidos experimentos.

Son xa 4.000 alumnas e alumnos de toda Galicia que confirmaron a súa participación na xornada. Importantes científicas galegas contaralles as principais vantaxes que ten estudar unha carreira científica. Esta actividade está orientada ás rapazas galegas de entre 9 e 16 anos que están estudando nos colexios e institutos e comezando a valorar diferentes e diversas carreiras profesionais e académicas. 

Quince grandes profesionais galegas en diferentes ramas das ciencias

Para compartir a súa experiencia, traxectoria e os motivos que as levaron a formarse académica e profesionalmente nas ciencias, “As ciencias escríbense en feminino” contará coa participación de:

  • Mónica Remiseiro González, Product Owner, departamento de TI en FINSA.
  • Diana Maroño Mosquera, Enxeñeira en Electrónica industrial e automatización na Oficina Técnica Fábrica Santiago en FINSA.
  • Lorena Domínguez, Enxeñeira de Telecomunicación e Project Manager da área de negocio de Hospitality en Televés.
  • Montse Ponte, Programadora de desenvolvemento web en Dinahosting.
  • Andrea Alfonso, Analista e especialista en Administración electrónica en everis.
  • Ana Ferrer, Responsable de Dirección e xestión de proxectos TI en Plexus Tech
  • Diana Peleteiro, enxeñeira química, Responsable de potabilización de VIAQUA
  • Laura Hospido, Economista e Unit Head en Banco de España.
  • Lucía Sánchez Pereira, Enxeñeira de Minas en Seguridade A1
  • Bibiana Rodiño, Enxeñeira mecánica e CEO de Beta Implants
  • Laura Muinelo Romay, Responsable da Unidade de Análise de Biopsia Líquida en Oncomet.
  • Eva Domínguez, Directora financiera de Tecdesoft, Enxeñeira de camiños
  • Jessica Sieira Piñeiro, Enxeñeira Informática en CONNECTIS Iberia
  • Elena Rodríguez, Doctora en Ciencia e Ingeniería de Materiales, Coordinadora da Unidade de Materiais Avanzados en AIMEN.
  • Rosa Arias, Enxeñeira Química, CEO e Fundadora de Science for Change.

Aberta a inscrición para centros educativos

Os centros educativos interesados en participar, soamente teñen que cumprimentar un sinxelo formulario de inscrición para formar parte desta xornada única. Esta iniciativa está orientada a rapazas de entre 9 a 16 anos, que estean a cursar 5º e 6º de Primaria, así como os 4 cursos de Ensinanza Secundaria Obrigatoria. Actualmente, son arredor de 4.000 alumnas e alumnos inscritos de máis de 45 centros educativos diferentes.

Ver máis novas

#1foto1arbore - cambia o mood
Actualidade

Cambia o mood: activa o modo bosque 🌳

O Concello de Santiago lanza a campaña “Cambia o mood: activa o modo bosque” para celebrar o Día Internacional dos Bosques o próximo 21 de