A formación online nesta corentena faise aínda máis imprescindible

Por mor da complicada situación que estamos a vivir, a formación online ábrese paso aumentando exponencialmente a súa demanda durante o último mes, sendo un dos sectores máis beneficiados durante esta crise sanitaria.

Que mellor momento para retomar os teus estudos que durante a corentena? Grazas á variedade de cursos que se ofertan online, calquera membro da familia pode apuntarse a un curso daquilo que deixara abandonado, un curso que sempre quixo facer, ou simplemente uno que lle recomendaron.

Tamén podes aprender máis sobre as túas afeccións, por exemplo cociñar, tocar algún instrumento ou fundamentos de robótica, debido a que hai cursos de todo tipo.

Algunhas das vantaxes dos cursos online fronte aos tradicionais cursos presenciais son as seguintes:

Flexibilidade: o alumno pode realizar o curso en función da súa dispoñibilidade, e organizarse de formas máis eficiente.

Ampla oferta: existe unha gran variedade de cursos online, de modo que o alumno pode elixir aqueles que se axusten máis ás súas necesidades, intereses, etc.

Tecnoloxía: os cursos online permiten utilizar ferramentas que permiten aprender de forma máis dinámica e práctica.

Aforro: tanto de diñeiro como de tempo, en traslados, material, etc.

É o momento dos cursos online, e hai que aproveitalo. Ademais, os cursos que se ofrecen en Talentia Summit 2020 son gratuítos.