10 vantaxes da formación móbil ou m-learning

Compartir

Somos perfectamente coñecedores de que a formación online xa non é futuro, nin un proceso que está en período de implementarse, se non que se trata dunha vía de desenvolvemento educativo e académico que se instaurou na actualidade, na transformación e cambio do proceso de formación en todas as idades, sobre todo, acelerado e precipitado pola imperiosa e urxente necesidade trala proliferación da pandemia mundial do virus Covid-19. É por iso que se avanza a pasos axigantados na formación online a través do xa famoso e-learning e tamén, na súa adaptabilidade e adecuación aos dispositivos móbiles, cunha evidente e necesaria evolución cara á formación en dispositivos móbiles. Somos coñecedores das vantaxes do e-learning pero… Cales son as vantaxes do m-learning?

As principais vantaxes do mobile learning

Está claro que a posibilidade de realizar a formación durante 24 horas ao día, os 365 do ano e desde calquera lugar é unha vantaxe evidente e alicerce fundamental do m-learning que tamén comparte co e-learning, pero a formación móbil ten unha serie de vantaxes xenuínas e únicas sobre a formación online a través de ordenadores portátiles e de sobremesa.

  • Portabilidade: o tamaño dos dispositivos, que habitualmente levamos nun peto ou un cartafol ou bolsa de pequenas dimensións, provocan que podamos realizar a formación sen cableado, camiñando pola rúa e sen interrupcións na conexión, grazas aos datos móbiles.
  • Inmediatez: Acceso instantáneo e continuo a través do móbil, unha ferramenta que se converteu nunha extensión de nós mesmos.
  • Ubicuidade: Omnipresencia da formación, elimínanse barreiras temporais e espaciais.
  • Motivación e interactividade: O indubidable atractivo do uso do móbil para as novas xeracións e a velocidade e comodidade de acceso á información para as xeracións que corresponden a aqueles que non son nativos dixitais provocan maior motivación á hora de acceder á formación.
  • Accesible e alcanzable: hai dispositivos móbiles moito máis económicos que computadores portátiles e de sobremesa.
  • A multitarefa: a facilidade de acceso, comodidade co móbil, os auriculares… Son vantaxes que permiten estar en calquera sitio mentres realizas o curso e desenvolver máis dunha tarefa á vez.
  • Personalización e customización: as apps e recursos adáptanse aos usuarios de forma personalizada e a atención dos titores tamén o é a modo de vídeoconferencia.
  • Fomento da aprendizaxe baseada en problemas: PBL, problem-based learning. Trátase dun método docente que pon ao estudante como protagonista e valórase de igual modo a adquisición de habilidades e actitudes.
  • Dinamismo e actualidade: Expertos dispoñibles en liña, información renovada e actualización constante.
  • Eficiencia e mellora das comunicacións: comunicación controlada, revisable e con comunidades de docentes dispoñibles.